INDITEX

Inditex dun vistazo


Inditex é un grupo de distribución de moda que naceu en 1963 como unha fábrica de roupa feminina e actualmente conta con máis de 7.000 tendas en cinco continentes. En corenta anos, a compañía pasou por moitas fases e viviu moitos momentos empresariais reseñables, pero mantivo sempre un obxectivo: escoitar atentamente aos clientes para ofrecerlles as propostas de moda que desexan.
Esta forte orientación ao cliente orixinou, en 1975, a apertura da primeira tenda Zara, o arranque da súa expansión internacional a finais dos anos oitenta e o lanzamento de novos formatos de moda: Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho e Zara Home. O envorco permanente no cliente está detrás dunha organización que abarca todos os procesos da moda (deseño, fabricación, distribución e venda tendas propias).
O compromiso co cliente está detrás da integración da sustentabilidade na cadea de subministración do Grupo e a súa política ambiental. Estes principios tamén rexen a actividade de Tempe, a empresa do Grupo que deseña, comercializa e distribúe o calzado e os complementos das cadeas comerciais.
As cadeas do Grupo Inditex defínense por ofrecer produtos de moda coa mellor calidade. Aos clientes de Inditex gústalles a moda e Inditex está comprometido cos seus clientes. Por iso, os seus máis de 150.000 profesionais están completamente enfocados a conseguir este propósito. Un eficiente sistema loxístico radicado en España, que leva a todas as tendas do Grupo produtos novos dúas veces por semana permite manter inalterable o obxectivo de conseguir ofrecer moda de calidade aos clientes dos cinco continentes.

Todas as webs das tendas INDITEX teñen a gran opción de visitalas en galego.


Zara 

Zara é unha das principais empresas de moda internacional. Pertence a Inditex, un dos maiores grupos de distribución do mundo.

O cliente é o centro do noso particular modelo de negocio, que integra deseño, fabricación, distribución e venda, a través dunha ampla rede de tendas propia.








Pull&Bear

Pull&Bear arranca no ano 1991 cunha clara vocación internacional e coa intención de vestir a mozos comprometidos co seu ámbito, que viven en comunidade e se relacionan entre si. Mozos que visten de forma relaxada, fuxindo dos estereotipos e que queren sentirse ben co que levan. Para eles Pull&Bear recolle as últimas tendencias internacionais, mestúraas coas influencias que marcan a rúa e os clubs de moda, e reinterprétaas ao seu estilo para transformalas en pezas de roupa cómodas e fáciles de levar, sempre ao mellor prezo.

Pull&Bear evoluciona de forma paralela ao seu cliente, sempre atento ás novas tecnoloxías, aos movementos sociais e ás últimas tendencias artísticas ou musicais. Todo iso se ve reflectido non só nos seus deseños, senón tamén nas tendas. Inspirada na mítica cidade californiana de Palm Springs, a renovación da oferta é constante. Dúas veces por semana todas as tendas do mundo reciben nova mercadoría.




Massimo Dutti

Perfil urbano e cosmopolita, independente e formada.


Intereses: actualidade en materia moda, sensibilidade multicultural, inquietude por coñecer novos mercados e formas de vida a nivel persoal e profesional.

Sobre a base dun concepto de creación propia, a muller Massimo Dutti, en canto ao seu hábito vestir, é urbana, contemporánea, práctica, elegante, actual sen caer na escravitude dos canons estritos das tendencias e orgullosa da súa etiqueta.

Colección tras Colección, Massimo Dutti Women persegue conseguir un estilo persoal e á súa vez adaptado ás liñas de moda que rexen os estándares nas pasarelas internacionais.


Massimo Dutti Women comprende varias liñas de actuación non só en téxtil senón en complementos e fragrancias. Todas elas forman un estilo común en canto a tendencias, estilos, cores e texturas en cada colección.




Bershka
Bershka preséntase como un punto de referencia para a moda dirixida a este público cada vez máis esixente e, en só dous anos, acada os 100 establecementos, consolidando deste xeito a súa imaxe de marca. Actualmente, despois de 18 años, a cadea conta con máis de 1000 tendas en máis de 70 países, con ventas que representan o 9% do total de ingresos de todo o grupo. Bershka posúe unha área de venda de máis de 455.000 metros cadrados. O negocio da empresa abrangue o deseño, a fabricación, a distribución e a venda de moda nas tendas.
O público de Bershka caracterízase por seren mozos e mozas atrevidos, coñecedores das últimas tendencias e interesados na música, nas redes sociais e nas novas tecnoloxías.As tendas de Bershka no mundo caracterízanse pola súa colocación estratéxica e a súa coidada arquitectura. Os establecementos convértense en espazos vangardistas, amplos e cunha coidada imaxe que abrangue desde os seus escaparates, ata a disposición das pezas de roupa no seu interior. Bershka selecciona as mellores zonas comerciais de cada cidade e posiciónase nas áreas máis destacadas dos principais núcleos comerciais. Adóitanse elixir edificios únicos, que o estudio de arquitectura de Bershka renova e adapta á súa imaxe de marca e filosofía.
As tendas posúen espazos diferenciados dedicados ás distintas liñas de produto que ofrece Bershka. En cada sección, Bershka, BSK & Home, o produto está situado acorde co seu estilo, creando un amplo espectro que vai desde a moda informal á deportiva e de pezas de roupa básicas ás de maior tendencia.







Stradivarius

Somos Stradivarius. Probablemente xa coñeces a nosa roupa e accesorios de moda. A nosa historia comeza en 1994 cunha clave de sol que se converteu na nosa sinatura. Celebramos o noso estilo único invitando as e os mozos de todo o mundo a descubrir a melodía, a enerxía e a emoción de Stradivarius: a marca de moda que se move ao ritmo da súa propia melodía.


Deseñamos miles de pezas de roupa e accesorios en España e distribuímolos de forma exclusiva nas nosas tendas, presentes en máis de 60 países de todo o mundo, e na nosa tenda en liña, inaugurada en 2011.

Somos conscientes de que o que fai os nosos clientes felices hoxe podería cambiar mañá, e por iso analizamos constantemente as últimas tendencias para convertelas no look perfecto para cada ocasión.


Cada día, máis de 10.000 empregados apaixonados pola moda converten Stradivarius nun dos lugares de traballo máis vibrantes do sector. Esta paixón é o que buscamos en todos os países aos que imos, e desa forma podemos atraer os profesionais da moda con máis talento en todos os lugares do mundo.




Oysho

Oysho conta con diferentes liñas de produto ―lenzaría, gymwear, sleepwear, beachwear, complementos e calzado― e as súas coleccións están coidadosamente seleccionadas: ofrecen deseño e moda á vez que calidade e confortabilidade nas pezas.

A clienta Oysho é unha muller natural, independente e segura de si mesma, que se fixa nos detalles, valora a calidade e ten en conta as últimas tendencias na súa forma de vestir.


Oysho, creada en 2001, está presente en 44 países con máis 600 tendas en todo o mundo e conta con venda online en 32 mercados a través de www.oysho.com




Zara Home