NANOS

A TENDA



A tenda Nanos ten unha atmosfera especial, moi acolledora e tranquila. En cada tenda pódense atopar tres ambientes ben definidos: primeira posta, bebé e junior. 

Todos os espazos están perfectamente organizados, de tal forma que permiten realizar un fácil percorrido polas propostas que se presentan en cada tempada. As texturas, os acabados, a iluminación... todo está coidado ao máximo detalle para conseguir unha presentación atractiva do produto. 

O aire clásico actualizado e a imaxe fresca e doce dos interiores tamén se reflicte nos sempre coidados escaparates. Todo isto converte a cada tenda Nanos nunha marabillosa caixa de sorpresas que cativa tanto a maiores como a nenos. 



















HISTORIA DUN ESTILO



Desde a fundación da empresa en 1963, Nanos suxire novas ideas, formas e texturas no mundo da moda infantil. A través dos anos creou un produto cunha personalidade moi definida, apreciado pola súa calidade e polo seu estilo inconfundible.

En 1974, Nanos implanta a súa propia canle de distribución. E hoxe, con máis de 35 anos de experiencia en xestión de tendas propias e franquías, integra nun grupo empresarial todos os procesos: deseño, compras, produción, loxística e comercialización.



UNHA OPORTUNIDADE DE NEGOCIO


O modelo de franquía Nanos ofrece ás persoas interesadas en moda infantil a oportunidade de incorporarse a unha cadea de establecementos en expansión e cunha imaxe comercial e social de prestixio.

Nanos facilita aos seus franquiciados o acceso ao know-how dun modelo de negocio contrastado e a asistencia técnica dun equipo de traballo dinámico e experto que apoiará en toda a evolución do negocio ao franquiciado.